A Xunta implantará a cita previa no Rexistro Civil a final de ano, o que eliminará as colas

e. v. pita VIGO / LA VOZ

VIGO

Juzgados de Vigo
Xulgados de Vigo M.MORALEJO

Os usuarios contactarán por vía telemática como medida para previr os contagios

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os vigueses terán que pedir cita previa para solicitar certificados ou facer inscricións no Rexistro Civil de Vigo, situado nos xulgados, antes de final de ano. Actualmente, fórmanse colas aínda que o servizo está aberto ininterrompidamente ata as 18.00 horas.

A Consellería de Presidencia, que inclúe a Xustiza, indicou que todos os rexistros das cidades van operar con sistema de cita previa pero que se vai facer de forma graduada. Primeiro foi Lugo, daquela Pontevedra e despois irán os demais.

A Xunta implantou primeiro a cita previa nos rexistros civís non exclusivos das cidades, que ten menos volume de traballo para probar a ferramenta informática de citas. Agora, está nunha segunda fase onde prepara a entrada da Coruña e Vigo, prevista para antes de que finalice ao ano.