Os veciños do Viso mobilízanse para reclamar seguridade viaria

Monica Torres
Mónica Torres REDONDELA

VIGO

cedida

Un ano despois da morte por atropelo dun deles, os residentes urxen unha actuación integral

14 oct 2020 . Actualizado ás 21:44 h.

Veciños do Viso, en Redondela, concentráronse onte para reclamar un proxecto viario seguro. «Están a facer obras, pero non as que se debería, porque só son parches de asfalto, de cementos e tubos, pero sen beirarrúas», explica Mrga Ferreira López, lembrando que en novembro se cumpre un ano do fatídico accidente que acabou coa vida do seu veciño. A alta densidade de tráfico rodado e a ausencia de beirarrúas, converten esta estrada nun perigo para a seguridade da veciñanza, feito que xa fora denunciado, reiteradamente, polas persoas residentes na zona. O proxecto que se está executando non convence os veciños.