Manuel Valcárcel inaugura «Auga. Ou sangue dá terra» no Rosal

La Voz

VIGO

A exposición fotográfica poderase ver na casa consistorial

01 novs 2020 . Actualizado ás 22:19 h.

Hoxe • 18.00 horas • O Rosal • O salón de exposicións do Concello do Rosal acolle a inauguración da exposición fotográfica Auga. Ou sangue dá terra, de Manuel Valcárcel. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello do Rosal, Abanca e Afundación, institucións que estarán representadas no acto de inauguración coa presenza da alcaldesa Ánxela Fernández; a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vea; e o coordinador Banca Institucional Pontevedra de Abanca, José Luis Romero .