Dous derbis para abrir a tempada: Atios-Pontellas e Choco-Rápido de Bouzas

a voz VIGO

VIGO

M.MORALEJO

En Cópaa Federación o Pontellas e o Rápido xogarán a fase previa

25 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os conxuntos de Terceira División da área de Vigo comezarán a súa andaina polo subgrupo 1B con dous derbis: o Atios-Pontellas, dous equipos doutras tantas parroquias do Porriño, e o Choco-Rápido de Bouzas. A maiores o Alondras recibirá á UD Ourense no mesmo estrea prevista para o próximo 18 de outubro.

Para a segunda xornada mantense a tendencia e a testemuña dos derbis chega a Vigo co Bouzas-Atios, mentres o Pontellas recibe ao Estradense, o Alondras viaxa ao Barco e o Choco a Ribadumia. Na terceira xornada está calendado un Alondras-Pontellas.

A primeira fase da competición finalizará o 21 de marzo cun Choco-Pontellas como duelo de rivalidade. A maiores o Rápido de Bouzas visitará O Couto, o Alondras xogará na Lomba e o Atios acaba co Barco.

Copa Federación

Tamén se sorteou na xornada de onte a fase previa de Cópaa Federación que se disputa o domingo e que enfrontará ao Pontellas co Rápido de Bouzas. A eliminatoria dispútase a partido único.