A Policia puxo 300 multas nun mes por incumprir normas covid

VIGO

Óscar Vázquez

Persegirán o consumo de alcol na contorna da colexiata

14 ago 2020 . Actualizado ás 13:52 h.

A policía local interpuxo 300 denuncias desde o 13 de xullo por incumprimento dos protocolos contra o covid-19 no relativo a respectar as capacidades das distancias de seguridade nos locais. O alcalde, Abel Caballero, reuniu hoxe ao comité de seguimento da incidencia do virus e decidiu dar instrucións aos axentes para que atallen o consumo de alcol na rúa.

Caballero lembrou que "está prohibido consumir alcol nas rúas de Vigo. Soamente pódese tomar nas terrazas e non se pode estar en determinadas zonas da cidade sen manter a distancia de seguridade nin respectalas cal é das discotecas". Neste sentido sinalou que se inspeccionaron 17 locais e discotecas e que se observou "cumprimento absoluto en todas" pero "imos ser moi estritos moi vixiantes", recalcou Caballero.

O rexedor puxo de relevo que esta fin de semana estarán vixiantes especialmente en determinados ámbitos onde se producen consumos rueiros, como é a contorna da Concatedral. Por moi atractivas que sexan as escaleiras da Concatedral estamos en tempo de pandemia e está terminantemente prohibido beber alcol".