Actividades de lecer nas praias de Nigrán

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

Hoxe pódese practicar zumba e pilates

04 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Nigrán mantén todo o mes o seu programa de actividades centradas nas praias do municipio. Hoxe haberá clases de zumba , ás 19.00 horas, no espazo deportivo dunar de Gaifar. Xa na alameda da Ramallosa poderase participar nunha clase de pilates a partir das 19.00 horas. En praia América haberá actividades para familias a partir das 17.00 horas. Tamén hai un mercadillo multicultural.