A Deputación crea selos de calidade para certificar a orixe da planta de Tomiño

La Voz REDONDELA / A VOZMOAÑA / A VOZTOMIÑO / LA VOZ

VIGO

A idea é que sirva de revulsivo para os viveiros da comarca

23 jun 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam) porán en marcha unha campaña para impulsar a adquisición de plantas e flores de viveiros da zona e, no marco da mesma, crearanse selos de «calidade» e orixe. A iniciativa foi presentada en Tomiño e inclúe a creación dos selos como elementos promocionais. Ademais, estes distintivos utilizaranse como elementos de sinalización que se instalarán en Garden Centers e florerías que vendan plantas e flores da comarca.

Así mesmo, gravarase un vídeo promocional de plantas e flores do Baixo Miño que abordará a súa relación coa mellora da calidade de vida das persoas para favorecer a súa adquisición. Tamén se impulsará a campaña nas redes sociais mediante anuncios en Facebook e Instagram con hashtags como #ConectaCoVerde ou #PlantaDoBaixoMiño. A comarca do Baixo Miño concentra un terzo de todos os viveiros que hai en Galicia.