Un trío formado polo bo, o feo e o malo

VIGO

The Good, the Bad and the Ugly Jazz Trío actuará na Casa de Arriba

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 21.30 horas • Martín Códax, 23 • Entrada xeral 5 euros; para universitarios, desempregados e pensionistas, 4 euros • A Casa de Arriba inicia a semana a golpe de jazz co seu habitual jam da noite dos martes.

 Para a ocasión, a proposta ten o enorme título The Good, The Bad and the Ugly Jazz Trío.

E se é grande o nome, tamén son grandes os tres músicos que compoñen este proxecto jazzístico. Baixo a referencia á música de Ennio Morricone sitúanse o guitarrista Iago Marta, o cantante Rubén Fernández e o encargado de facer soar a batería Max Gómez.

Os tres músicos promenten un duelo «entre as corcheas máis afixadas e vos ritmos máis fríos, non que só vos máis rápidos en drenar ou seu instrumento permanecerán vivos». Polo menos é o que prometen os organizadores da programación da sala viguesa.