Francisco Delgado Ruiz falará no Ateneo Atlántico da escola laica

VIGO

Foi presidente da asociación Europa Laica e deputado do PSOE en 1977

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde novembro, e en colaboración con Europa Laica, o Ateneo Atlántico está desenvolvendo un ciclo de conferencias-coloquio ao redor do laicismo. Despois da primeira proposta, De Marianne ás torres xemelgas, coa participación de Antonio Gómez Movellán, actual presidente de Europa Laica, hoxe o ciclo centrarase na importancia dunha escola laica como base de partida imprescindible para conseguir a aconfesionalidade.

Participará neste coloquio Francisco Delgado Ruiz, psicólogo industrial e licenciado en Relacións laborais e saúde laboral. Traballou durante anos en artes gráficas como tipógrafo e despois nunha entidade financeira. En 1976, Felipe González encargoulle a reorganización do PSOE en Albacete . Francisco Delgado foi deputado nas Cortes constituíntes de 1977 e senador na lexislatura de 1979 polo PSOE, partido que abandonou en 1999. Tamén foi tenente de alcalde na cidade de Albacete (1991-1995).

O invitado do Ateneo Atlántico foi presidente da asociación Europa Laica, e ten numerosas publicacións en torno ao laicismo e, en concreto, na defensa dunha escola laica.

O acto será presentado por Rosa Pascual, catedrática de instituto e representante das Mareas Verdes (movemento de protesta contra os recortes en educación e pola dignificación da escola pública). Será a partir das 19.30 horas no salón de actos da ONCE (Gran Vía, 16).