O mural que Lula Goce pintou para os Premios da Cultura Galega exporase no Cunqueiro

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Cedida

A obra Xa che Vigo ten referencias á propia cidade, á Movida e ao movemento Atlántica

19 ene 2020 . Actualizado ás 11:39 h.

O Hospital Álvaro Cunqueiro albergará de modo permanente un mural de gran formato que a artista baionesa Lula Goce elaborou para a escenografía dos Premios da Cultura Galega 2019, entregados esta mesma semana no Teatro Afundación de Vigo.

Para realizar esta peza, titulada Xa che Vigo, Lula Goce estableceu tres referencias: a propia cidade, coa presenza dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos; a movida viguesa, movemento cultural e creativo excepcional que foi protagonista dos Premios da Cultura Galega; e o movemento artístico Atlántica, que iniciou a eclosión dun momento artístico dinamizador da arte galego no último terzo do século XX. Desta forma, o mural conecta corenta anos de creación artística e efervescencia cultural na cidade.

A técnica empregada pola baionesa foi unha combinación de acrílico, pintura plástica e espray sobre madeira, abarcando unhas dimensións de 7,5 por 2,5 metros.

Lula Goce é un dos máximos expoñentes da arte urbano en Galicia, cunha amplo percorrido internacional.