Ferido un motorista arroiado por un coche que non o viu

La Voz VIGO

VIGO

Imagen de archivo de una ambulancia
Imaxe de arquivo dunha ambulancia MARCOS CREO

Non se deu conta de que lle estaba adiantando e golpeoulle; foi na N-550

31 dic 2019 . Actualizado ás 14:42 h.

Un motorista resultou ferido na estrada nacional 550 á altura de Mos, nun accidente no que tamén se viron implicados unha furgoneta e un coche. Foi sobre as 11.45 horas, segundo informa o 112 Galicia, que recibiu a alerta dun veciño.

Fontes da Policía Local de Mos explican que unha señora circulaba polo mesmo carril que o motorista. Cando ela foi a virar á esquerda, non advertiu que a moto estaba á adiantar e arroiouna. Ademais, a motocicleta chocou lixeiramente cun vehículo que viña de fronte. A pesar de todo, non sufriu grandes danos. O 061 levouno ao hospital, pero en principio o seu estado era de ferido leve. Ten entre 30 e 40 anos.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 156 da N-550. Tras coñecer os feitos, participaron na urxencia os axentes da Policía Local, de Tráfico, de Protección Civil e os bombeiros do Baixo Miño.