O Novás sorprende ao Torrelavega no Rosal

La Voz VIGO

VIGO

cedida

Os de Quique Domínguez lograron un importante triunfo na súa pista

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Novás asinou un importante triunfo na súa pista ante un equipo que pola súa situación clasificatoria paría como favorito na súa visita ao pavillón do Rosal. O equipo de Quique Domínguez desfíxose do Torrelavega nun partido no que foron por gran parte da primeira parte, pero sen descolgarse ata o punto de que se foron ao descanso xa por diante (15-14).

A partir de aí, a segunda parte foi plácida para un Novás que soubo xestionar a súa vantaxe, que foi ampliando paulatinamente e que xa non viu perigar en ningún momento. Foi unha actuación coral do Novás, con goles moi repartidos con Petter á cabeza con sete tantos. Os 8 de Isidoro Martínez non valeron ao seu equipo.