Dinosaurs Tour é un auténtico Parque Jurásico con peza «animatrónicas»

La Voz

VIGO

AXENDA | A exposición está no Ifevi ata o 8 de decembro

30 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hoxe ata o 8 de decembro, o Ifevi acolle unha exposición itinerante de dinosauros animatrónicos. Conta cunha trintena de pezas inéditas a tamaño real, algunhas delas animatrónicas, que simulan o aspecto e o comportamento dos dinosauros. «Os visitantes poderán ver os últimos avances tecnolóxicos. Os dinosauros que expomos móvense ¡e ata respiran» explica Juan Comín, responsable da exposición. «É nun auténtico

Parque Jurásico», engade.

Dinosaurs Tour exporá triceratops, tiranosaurios, protoceratops, parasaurolofus, estegosaurios, espinosaurio, diplodocus e o famoso tiranosaurio rex a tamaño real, entre outros. Ademais das pezas, realizaranse proxeccións didácticas acerca do modo de vida desta fauna prehistórica.

«Os seus movementos son tan realistas que algúns nenos

e nenas creen que son de verdade», afirma Juan Comín. «Combinamos entretemento e diversión para os máis pequenos, xunto cun amplo factor pedagóxico para que aprendan mentres se marabillan destes xigantes», comenta o organizador.

Durante a semana redúcese o horario á tarde, de 17 a 20.00 horas.

Hoxe • De 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas • 8 euros •