O Black Friday brilla coas luces

e. v. pita VIGO / LA VOZ

VIGO

A iluminación do Nadal e a festa do consumo encheu de compradores as tendas de cálea Príncipe animados polos descontos e gangas

02 dic 2019 . Actualizado ás 22:40 h.

O Black Friday, a nova festa do consumismo, arrincou hoxe en Vigo con descontos medios do 20 ao 30% e do 50 % en artigos seleccionados. As vendas estiveron a medio gas pola mañá pero, á primeira hora da tarde, había colas nas caixas e os clientes saían cargados de bolsas. A maiores, a rúa do Príncipe encheuse de cazadores de gangas e público atraído pola iluminación do Nadal. As rúas comerciais e centros de lecer tiveron moita afluencia. Multinacionais como Zara Home, Levis ou H&M ofertaron rebaixas do 20 %. Incluso a sede do Celta lanzou o seu Blue Friday.

Algúns comercios levaban unha semana coas rebaixas do ciberviernes, que nos Estados Unidos supoñen o 10 % das vendas do ano para librarse do sobrante de Acción de Grazas.

Nos centros comerciais de Vigo tamén houbo movemento. Nunha tenda de tecnoloxía da Laxe os clientes facían cola para pagar lotes de videoxogos, smartphones ou portátiles. Algúns produtos de informática tiñan rebaixas de 100 ou 200 euros, outros de 15 ou 20 ou tiñan un vale de agasallo. Tamén houbo moitas vendas nos hipermercados. O Black Friday seguirá toda a fin de semana.