O BNG pide que non se multe aos esmoleiros que piden en Vitrasa

VIGO

M.MORALEJO

Teñen que abonar 100 euros se son denunciados

20 novs 2019 . Actualizado ás 12:15 h.

O BNG pide que non se multe aos esmoleiros que piden esmola en Vitrasa . Agora imponse sancións de 100 euros e o edil Xabier Pérez Igrexas reclama que se manteña a prohibición pero sen sanción económica. Igualmente reclama que se rebaixen a sanción por non levar billete, que actualmente hai é tamén 100 euros e  considera que con 30 sería suficiente, como moito 50.

Estas son algunhas das propostas do BNG ao novo regulamento de transporte público que terá que rexer as condicións do servizo nos próximos anos. A principal idea suxerida polo BNG é a recuperación da concesión, é dicir que sexa desempeñada por unha empresa municipal.