Branca Arrieta ordena o tempo e o espazo

La Voz

VIGO

O Teatro Ensalle recibe á bailarina e coreógrafa vasca

10 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Festival Catropezas, que organiza o Teatro Ensalle, acolle hoxe o último pase da peza Puzzling, da coreógrafa Branca Arrieta.

É un traballo centrado na ordenación temporal e espacial de tres corpos. Mai Ishiwata, Robert Jackson e Branca Arrieta compoñen, ordenan e desordenan os seus propios materiais coreográficos. Construíndose transcenden a súa dimensión estrutural, levar a lugares máis sensibles.

Branca Arrieta (Vitoria, 1970) é coreógrafa, bailarina e colaboradora en numerosas creacións contemporáneas. Recibiu a súa formación no London Contemporary Dance School/The Place. Despois de traballar para varios coreógrafos e compañas en España, Inglaterra e Irlanda, comeza a explorar a súa propia linguaxe coreográfica.

Hoxe • 21.00 horas • Chile, 15 • 9 euros (hai descontos) •