Teatro do Ar pon en escena «Distintas compañas»

La Voz

VIGO

AXENDA | A obra escrita por Pedro Rodríguez Villar poderase ver no auditorio de Nigrán

09 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Nigrán • Entrada gratuíta • O auditorio do Concello de Nigrán recibe á compaña Teatro do Ar nun novo día do seu ciclo de teatro. A compaña de Nigrán representará a obra orixinal de Pedro Rodríguez Villar, director do grupo, Distintas compañas, unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.

Nesta obra todo comeza coa chegada de dous peregrinos a unha aldea pequena onde viven preto de trinta veciños.

Con esta historia, Pedro Rodríguez pretende mostrar a forza das lendas e a tradición no rural galego. «Son parte da nosa identidade e temos que saber aprecialas como fonte de contos, teatro e todo o que queiramos», explica o creador. Outro dos puntos interesantes da obra, ademais da clave de humor, é o contraste entre unha mocidade pegada a Instagram e outra ás lendas de lareira.