700 estudantes aprenden reanimación

La Voz

VIGO

A uci do Cunqueiro ensina na Universidade e en institutos as técnicas de RCP

16 oct 2019 . Actualizado ás 20:59 h.

A uci do Cunqueiro segue coa súa vontade de estender á maior cantidade posible de poboación as técnicas de reanimación de parada cardiopulmonar (RCP). Aproveitando que onte se celebraba o seu día mundial, 22 profesionais sanitarios desprazáronse a cinco institutos e á Facultade de Industriais da Universidade de Vigo para ensinar a máis de 700 estudantes estas técnicas. A mensaxe da campaña deste ano é «Reinicia un corazón en tres pasos: comproba, chama e comprime». Intervir nos primeiros minutos tras unha parada incrementa un 40 % a supervivencia.