O Sárdoma leva o derbi

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Xoán Carlos Gil

Fútbol feminino Un gol de Laura Martínez, que saíu desde o banco, decide o duelo ante un Valladares en inferioridade

14 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Sárdoma levou o triunfo no derbi vigués de Primeira Nacional de fútbol feminino grazas a un gol postremeiro de Laura Martínez Aldao, que saíra desde o banco. Decantouse así a balanza de lado do equipo que dirixe Víctor González ante o Valladares de Gabi Couñago, que exercía de local.

As visitantes saíron mellor, controlando o xogo, aínda que co paso dos minutos o Valladares foilles gañando terreo. Os equipos repartíanse as ocasións, cun tiro ao traveseiro, un man a man de Paula e un tiro cruzado de Galarza como as principais opcións do Sárdoma, mentres que o Valadares tivo un tiro afastado perigoso e outro desde dentro da área que se foi alto.

A segunda mitas foi moi disputada, pero o Valladares quedou cunha futbolista menos e a partir de aí custoulle xerar perigo. O gol vén dunha falta sacada na frontal da área na que xogan de lado a lado, progresando ata que Laura Martínez logra bater á porteira local.

O Valladares disporía aínda dun córner perigoso, outra acción que sacou o Sárdoma baixo paus e mesmo un penalti fallado no desconto no que as xogadoras de Víctor González reclaman fóra de xogo previo. Finalmente, os puntos viaxaron a Sárdoma.

?Alba Rodríguez, Laudith, Tamara (Gloria, min. 89), Nerea, Anita, Laura, Andrea, María Pichel (C. Carballo, min. 87), Helena, Porto (M. Carballo, min. 66).

?

Sara Alonso, Sara Paz, Yaiza (Sara Vázquez, min. 62), Drus, Irene, Lago, Paula (Sandra, min. 89), Joa Montouto (Elena, min. 85), Ainoa Galarza, María Calvar, Xeila (Laura, min. 70).

Gol: 0-1, min. 85: Laura Martínez Aldao.

Árbitro: Alicia Andrés. Mostrou amarelas Laudith polo Valladares e a Raquel Lago, Elena Pérez e Ainoa Galarza polo Sárdoma. Expulsou á local Nerea Alonso por dobre amarela.