O incendio mortal de Chandebrito sáldase sen culpables e o xuíz ratifica o arquivo

E. V. Pita VIGO

VIGO

M.MORALEJO

A Policía Nacional acaba de condecorar aos dez axentes que evacuaron aos veciños no medio dun túnel de lume en outubro do 2015

14 oct 2019 . Actualizado ás 11:44 h.

O Xulgado de Instrución Número 8 de Vigo ratificou o arquivo do incendio de Chandebrito no que morreron dúas mulleres de avanzada idade que fuxían do lume nunha caravana de coches o 15 de outubro do 2015. O xuíz xa pechara a causa hai un ano pero as partes pediron reabrir o caso, que volveu a ser pechado sen maior novidade. 

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz considera que non hai autor coñecido do incendio, unha vez que a Garda Civil deu por esgotadas todas as liñas de investigación. Ademais, realizáronse diversas dilixencias que non obtiveron resultados concluíntes.

Precisamente, hai unha semana, a Policía Nacional condecoró aos dez axentes que arriscaron as súas vidas para sacar aos veciños de Chandebrito pola estrada pero un túnel de lume rodeounos e tiveron que dar volta nunha arriscada manobra. 

O 15 de outubro combináronse varios factores que rodearon a Vigo de lume: altas temperaturas, ventos veloces e unha lingua de lume que cruzou o río Miño desde o centro de Portugal.