O Celta estréase en Navia cun sufrido triunfo ante o Estudantes

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

XOAN CARLOS GIL

As célticas suman os seus dous partidos por vitorias no arranque do campionato

14 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta superou cun traballado triunfo o primeiro test importante da tempada ante un Estudantes que tamén está chamado a loitar por unha das catro prazas para a fase de ascenso a Liga Feminina.

As viguesas, moi sólidas no tiro libre cun acerto do 83 % (19 de 23 intentos) e mandando no rebote ofensivo (13 fronte a 8), tan só foron por detrás do equipo estudantil no primeiro cuarto. Lideradas na anotación por Elo (15) e Richardson (13), que dominaron a zona, e por Anne Senosiain na dirección de xogo, as célticas fóronse ao descanso un punto arriba e no segundo período souberon moverse en distancias curtas.

E iso que Estudantes foi capaz de darlle a volta ao marcando tanto no terceiro como no cuarto acto (chegou a ter unha vantaxe de tres puntos a falta de cinco minutos e mesmo a falta de 2.15 ía por diante no marcador) pero o acerto nos tiros libres de Lacorzana, Barneda e Senosiain, resultaron claves para sumar o segundo triunfo, algo que ata a data fixeron outros dous equipos (Canoe e Ibaizabal).

?Celia García, Noa Comesaña (3), Tamara Montero (2), Anne Senosiain (12), Fontela, Efederioka (15), Barneda (11), Richardson (13), Lacorzana (11).

?

Alonso (8), Malanda, San Román (6), Espín (5), Marcos (5), Mato, Cuebas (10), Knight (16), Jones (12).

Parciais: 17-18, 15-13, 17-15, 18-16.

Árbitros: Elío Clavería e Daniel López. Sen eliminadas.

Incidencias: Partido da segunda xornada da LF2 disputada no pavillón de Navia.