Ruta con reserva no Cometa e sen el no bus turístico

La Voz

VIGO

Marcos Canosa

O público poderá subirse a eles esta fin de semana

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:35 h.

Reserva online con cartón Pass Vigo na web de Vitrasa • Co obxectivo de conmemorar o Día Europeo sen Coches que se celebra mañá, Vitrasa saca ás rúas o seu bus histórico O Cometa, símbolo da compaña pertencente á primeira flota que se presentou en Vigo en 1968. O obxectivo é que a cidadanía poida coñecer un pouco máis da historia da empresa. Subir ao Cometa será gratis durante toda a fin de semana. Hoxe e mañá o percorrido arrincará do Paseo de Alfonso ás 10.30 horas con saídas cada 30 minutos ata as 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. O Cometa realizará o seguinte percorrido: Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Rotonda Miragaia, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso. A capacidade máxima durante a viaxe será de catro persoas ao tratarse dun vehículo histórico. O Bus Turístico de Vitrasa será tamén gratis esta fin de semana. Durante 90 minutos os viaxeiros pasarán polo monte do Castro, miradoiro de Alfonso XII ou Samil. Saen da parada de C. C. A Laxe ás 10.00, 12.00, 16.30 e 18.30 horas. Mañá tamén será gratis ir no C-1.