Helen & Shanna pechan o ciclo «Músicas nas prazas»

La Voz

VIGO

AXENDA | O grupo actuará na Guarda

13 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 22.00 horas • A Guarda • Entrada gratuíta • O ciclo Música nas prazas 2019 conclúe hoxe na Guarda tras os concertos de Caramelo Krew o 14 de xuño, na praza de San Queitano, e de Blues do País o pasado 16 de agosto, na praza de Avelino Vicente.

Pecharán Helen & Shanna, un grupo guardés nado no ano 2013 que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

Música nas prazas trata de fomentar a música en diferentes espazos públicos. En anos anteriores pasaron por este ciclo grupos como De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé e Carmen Johns, entre outros.

O Música nas prazas 2019 contou co apoio de Pontegal da Deputación de Pontevedra. Todas as actuacións foron gratuítas.