A Deputación fai campaña a favor da reciclaxe de plásticos

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

CARLOS IGREXAS

Abel Caballero promete colocar illotes a todos os veciños que o soliciten para as súas rúas se teñen espazo

14 ago 2019 . Actualizado ás 19:39 h.

A Deputación fixo na zona comercial da cidade unha campaña para concienciar da necesidade de reciclar plásticos e reducir o seu consumo ao mínimo. Para iso instalou unha carpa na que se distribuían vasos fabricados con produtos biodegradables baseados nas mondas de tubérculos. A presidenta Carmela Silva sinalou que hai que reducir o uso de plásticos e para iso débense usar bolsas reutilizables para facer a compra.

Silva relatou que o organismo que preside adheriuse ás campañas da OMS e da o ONU contra a contaminación e dixo que a mocidade demanda espacialmente que se fagan máis esforzos para loitar a favor do medio ambiente.

O alcalde, Abel Caballero, acudiu para apoiar a campaña e lamentou que nos supermercados se desperdicien bolsas de pequeno tamaño polo que animou a reutilizalas para que «no mar non haxa máis plásticos que peixes». Caballero lembrou que o Concello está reforzando o número de illotes de reciclaxe e manifestou que todos os veciños que o soliciten poderán ter unha das novas se o ancho da rúa permíteo.