Chega a hora da verdade

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Óscar Vázquez

Tras gañar os catro primeiros partidos, España xógase hoxe o liderado de grupo

22 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A selección española cumpriu os prognósticos e, tras gañar os tres partidos anteriores, sumou un triunfo máis ante Xapón, que no polo oposto conta os seus partidos por derrotas na cita de Vigo e Pontevedra. No encontro disputado onte nas Travesas, España levou a iniciativa no marcador en todo momento, pero custoulle despegarse dun combinado xaponés combativo.

Tras unha primeira metade con vantaxes mínimas dun ou dous goles, foi no segundo acto cando o equipo anfitrión comezou a marcar distancias para asegurarse outros dous puntos na súa marcadora que lle permiten seguir optando a concluír esta primeira fase como líderes de grupo.

Porque España sumaba deste xeito o seu cuarto triunfo noutros tantos partidos, algo que só conseguiron a maiores os combinados de Eslovenia, Exipto e Croacia. No caso dos españois, comezaron a súa andaina cun contundente triunfo ante Estados Unidos (34-13) para logo sufrir un pouco máis ante Tunisia (20-26). O duelo ante Serbia foi o máis disputado, pero tamén caeu do seu lado a pesar da baixa dun dos grandes alicerces do equipo, Tarrafeta, e saldouse cun resultado de 29-26.

Tras estas tres vitorias, o liderado do grupo A decidirase no duelo de hoxe (21.00 horas) entre España e Eslovenia, que tamén gañou con solvencia todos os seus partidos

Exipto, pola súa banda, está a ser unha das grandes revelacións do Mundial, deixando claro que aspira a todo. Comezaron como unha apisoadora ante Australia (44-17) e seguiron na mesma liña ante Nixeria (30-47) e, en menor medida, ante Suecia (32-22). Corea xa lles puxo as cousas máis difíciles (38-36) e agora queda unha proba de lume ante unha das favoritas, Francia.

O conxunto galo forma parte do grupo de equipos que sumaron seis puntos nos catro primeiros duelos. No seu mesmo grupo logrouno tamén Suíza, mentres que no C teñen esa puntuación brasileiros e portugueses e no D a alemáns e daneses. Seis equipos non sumaron ningún punto.

?Kilian, Pérez Arce (3), Amibilia (1), Cadarso (2), Natan Suárez (7,2p), Goenaga e Zabala (1) -equipo titular- Jorge Broto (ps), Serradilla (1), Álvaro (2), Oliveras (2), Mamadou (4), Miguel, Montoya (1), Adriá Martínez (4,1p) e Pol Valera.

?

Nakamura, Sota Takano (1), Sakurai (3), Yano (3), Nakamuri, Osugi e Isoda - Takahashi (ps), Hattori (1), Tokuda (7,3p), Fujita, Ao Masatoshi, Kawasaki (5) e Sueoka (2).

Marcador cada cinco minutos: 1-1, 4-3, 5-4, 9-7, 11-9, 13-11 (descanso); 15-14, 17-15, 20-17, 21-19, 25-21 e 28-22

Árbitro: Dario Burgos e Gonzalo Delgado. Excluíron a Serradilla (2) e Zabala por parte de España, e a Yano, Osugi por parte do Xapón.

BALONMÁN | MUNDIAL JÚNIOR