Caixavigo paga tres millóns na restauración do Cristo

La Voz

VIGO

HEMEROTECA | Os traballos de rehabilitación desenvolvéronse en Madrid en 1998

27 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Caixavigo pagaba en xuño de 1998 algo máis de tres millóns de pesetas (18.000 euros) ao Instituto do Patrimonio Histórico Español de Madrid polas tarefas de restauración da talla do Cristo da Victoria . A esta cifra houbo que sumarlle o custo dos dous seguros que se contrataron para o traslado e a restauración, ademais do prezo do transporte especial de ida e volta.

No centro de restauración madrileño, onde estaban acostumados traballar con xoias da escultura, afirmaban que estaban sorprendidos «porque xamais viramos unha imaxe tan venerada». «Antes ou despois todos nos achegamos a vela», para entender «por que tantos medios informativos viñeron a preguntar por ela».

Tras dous meses no Instituto do Patrimonio, a peza recuperou a súa cor clara orixinal. E nos seus últimos días alí, a imaxe estivo en observación, para ver como reaccionaba ante o tratamento que lle aplicaron.