«Creo quedou ben pasar a Camilo Sesto e a Raphael ao galego»

VIGO

Marta G. Brea

AXENDA | O cantante vigués presenta esta tarde nel Corte Inglés o seu disco de versións «Recordos»

05 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Alberto Cunha presenta esta tarde, nel Corte Inglés ás 20.00 horas, o seu disco Recordos, unha aproximación á canción lixeira, pero empregando o idioma galego. O acto de presentación contará coa presenza do xornalista Moncho Lemos. Haberá un pequeno concerto acústico con temas do disco.

-Como xurdiu este disco?

-Foi durante a celebración dun programa espacial que se fixo na TVG dedicado a Julio Iglesias. Pedíronme que realizase unha versión en galego dunha canción súa. A partir de aí, pensei que se podería seguir facendo o mesmo con outros artistas coñecidos, como Camilo Sesto ou Raphael.

-Que cancións elixiu?

-De Camilo Sesto está Amor amar, que foi un dos seus primeiros singles e ten letra de Lucía Bose. De Raphael elixín Volverei nacer, escrita por Manuel Alejandro. Non quixen coller algo moi coñecido de Raphael porque chocaría moito, xa que a xente está acostuma cantalas co seu refrán en castelán, así que opte por unha menos coñecida e que queda moi ben ao pasala.

-Planeou dificultades o traballo?

-Decidín ir ás fontes orixinais. Por exemplo, hai dúas cancións en italiano, unha de Claudio Baglioni e a de Cinema Paradiso, que traducín do italiano a pesar de que xa había versións en castelán. Ao pasalas ao galego creo que quedaron moi ben. Si é certo que hai que cambiar algunhas palabras para non alterar as métricas.

-As doce cancións son todas de fóra de Galicia?

-Non, o disco ten varias homenaxes á xente que abriron fenda na canción lixeira en galego. Está Com mais amor, de Andrés do Varro; Juan Pardo con Cando che namores; e Os Tamara.

-Que espazo de percorrido pode ter o disco?

-Está xa soando moito en Radio Galega Música, que é unha emisora creada para fomentar música feita en galego. E non había algo parecido, non había un crooner cantando en galego cancións moi coñecidas dos anos 70. Ao principio, pode chocar escoitalas, pero vexo que está a gustar. Agora, a intención é presentalas en concerto.

-Vivir da música obriga a desdobrarse?

-Si, teño que diversificarme moito porque se che centras nun só proxecto pode non ir como imaxinabas. Eu, ademais do meu espazo individual, tamén estou no grupo AAA'60 e o proxecto co meu irmán Andrés. Tendo unha oferta variada podo ir facendo cousas.

-Hai xente creando nese espazo que podemos chamar canción lixeira en galego?

-Non, está parado. En galego si hai cousas dentro do pop, o indie e a música tradicional, pero xa non hai o que facía Andrés do Varro ou Juan Pardo.

-Non se anima a crear cancións novas nese ámbito?

-Si, a miña idea é facer algo propio, pero quero ver como funciona este disco.