Feijoo tacha de «fraude electoral» os recibos falsos da auga de Mos

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Óscar Vázquez

Sae en defensa de Nidia Arévalo: «Bastante ben débeo estar a facer cando a tres día de votar expoñen estas difamacións»

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, tachou onte de «manipulación evidente» e de «fraude electoral» as supostas facturas de auga emitidas en Mos que recollían un aumento das tarifas «en época electoral».

A alcaldesa popular Nidia Arévalo denunciou a repartición entre os veciños de falsas facturas da auga de 200 e 400 euros a nome dunha empresa ficticia e co logotipo do Concello e a Xunta. A rexedora sospeita que máis que un timo o que hai detrás son «fins partidistas».

Ao saír do Consello da Xunta, Feijoo, segundo indica Efe, vinculou esta práctica con «a metodoloxía do que agora se chama nova política», sen especificar máis, e pediu que o asunto se esclareza desde o punto de vista xudicial e político «e non quede nun tema menor». «Bastante ben débeo estar a facer ela cando a tres día de votar expoñen estas difamacións», indicou.