A Feira de Abril conta con dúas grandes casetas

La Voz

VIGO

Óscar Vázquez

AXENDA | Estará en Samil ata o domingo

23 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Casa de Andalucía de Vigo e a Asociación Zona Náutico, en colaboración doutros organismos, organiza a Feira de Abril en Vigo. Este evento primaveral desenvolverase ata o domingo en Samil, aínda que esta circunstancia, segundo aclaran desde a entidade organizadora, é excepcionalmente.

O festexo andaluz desenvolverase nos dous aparcadoiros de Samil máis próximos á zona deportiva. 300.000 lámpadas LED iluminan a avenida de Samil desde a rotonda coa avenida de Europa, ata a desembocadura do río Lagares. Ademais, na entrada do recinto feiral hai unha portada en tres dimensiones, con lámpadas LED RGB programables.

Na feira estarán as casetas da Casa de Andalucía de Vigo e da asociación cultural Triana de Vigo, nas que haberá numerosas actuacións musicais e poderase gozar de gastronomía andaluza. Hai máis de 30 traccións infantís e mercadillo con máis de 20 artesáns.