David Rubín e David Aja teñen superpoderes

La Voz

VIGO

AXENDA | Afundación acolle ata xullo unha exposición sobre superheroes do cómic

01 abr 2019 . Actualizado ás 05:30 h.

Ata o 6 de xullo • De luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas; e sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas • Abanca e Afundación, en colaboración co Museo Patio Herreriano, presentan na sala de exposicións do Teatro Afundación a mostra Superpoderes. David Aja e David Rubín.

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o símbolo do superheroe no século XXI a través de dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de cómic, tanto nacional como internacional, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano: David Aja e David Rubín.

Entre outros, neste proxecto pódense ver traballos importantes para a editorial Marvel de Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers e Captain America; ou das obras de Rubín O Heroe, Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy, de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes como Batman ou Spirit.