Naturnova permite explorar a topografía galega

La Voz

VIGO

M. Moralejo

Abrirá o sábado entre as 17.30 e as 20.30 horas

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado 20 • De 17.30 a 20.30 horas • Velázquez Moreno, 18 • Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, abre hoxe para ofrecer unha actividade na que a diversión e a aprendizaxe son para toda a familia.

Naturnova estreou en decembro un módulo no que o visitante pode explorar contidos relacionados coa paisaxe e a topografía de Galicia dun modo interactivo. Neste espazo de Naturnova instalouse unha mesa virtual Sandbox, unha ferramenta didáctica que desenvolve un sistema de realidade aumentada que permite realizar unha representación topográfica en tempo real mentres o usuario manipula a area dun caixón.

O sistema, que está instalado nos principais centros de divulgación científica  do mundo, como o Nemo de Amsterdam ou o Exploradome de París.