O Choco gana a un rival directo e aviva o seu soño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VIGO

MARTINA MISER

Superou o A Lomba ao Arousa: 0-1

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Choco métese de cheo na pelexa polas prazas de play off de ascenso ao superar nun duelo directo, e a domicilio, ao Arousa.

Nada que obxectar ao triunfo redondelano máis que unha polémica acción do colexiado do encontro, que non sinalou un agarrón de Samy a Sylla no minuto 82 de partido. Ao final, 0-1, co gol de Félix no 17.

O Arousa tirou parte das súas opcións nun mal primeiro tempo e o Choco demostrou saber manexar os tempos do partido. Primeiro cun gran despregamento físico e despois gardando a roupa para anotarse o triunfo.

Gol: 0-1, min 17: Félix.

Árbitro e cartóns: José Manuel Cives (A Coruña). Expulsou por dobre amoestación ao visitante Comis (min 46) e ao seu segundo adestrador, Óscar Pérez (min 87), así como a Quique Cubas ao acabar o partido. mostrou cartolinas amarelas a Sylla, Mou, Luis García e Manu Rodríguez, polo Arousa; e a Caloi, Cortegoso, Palmás e Gabi Misa.

Manu Táboas, Torrado (Mou, min 51), Pacheco, Trapero (Chiqui, min 46), Iago Martínez (Quique Cubas, min 66), Manu Rodríguez, Julio Rey , Suso, Luis García, Javi Otero e Sylla

Cortegoso, Yerai (Xian, min 84), Lazcano (Samu, min 80), Iago, Aitor, Caloi, Comis, Nacho, Palmás, Félix e Antón Vilas (Gabi Misa, min 77)