O Alondras gaña e entra na zona de play off de ascenso

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

MARTINA MISER

Superou por un solitario gol ao Ribadumia

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Alondras aproveitou a segunda oportunidade para empolicarse aos postos que dan dereito a xogar o play off de ascenso a Segunda B. O conxunto do Morrazo superou ao Ribadumia pola mínima e beneficiouse do novo tropezóns da UD Ourense, que caeu no Couto co Barco e cedeulle a cuarta praza a falta de cinco xornadas para a conclusión.

Os cangueses levaron o peso do partido ante un rival que loita pola permanencia, marcaron na antesala do descanso por mediación do sueco Osterholm e gardaron o resultado na continuación nun partido de ida e volta.

?Martín, Jesús Varela, Pablo García, Abel, Aitor Díaz, Yhavé, Mauro (Carlos, min 79), Raúl (Álex Rey , min 73), Yelco, Iván Pérez (Dieguito, min 89) e André

?

Roberto Pazos, Santi, Rodri, Miguel Vázquez (Bugallo, min 58), Javi Domingo, Cheri (Eloy, min 55), Gabi, Manu, Hugo Soto, Tomás e Monchito (Aarón, min 71).

Gol: 1-0, min 42: André.

Árbitro e cartóns: Zulema González (Ourense). Amoestou ao xogador local Jesús Varela e aos visitantes Bugallo e Javi Domingo.

Incidencias: Campo do Morrazo, trixésimo terceira xornada.