O Celta visita ao Lima-Horta coa dúbida de Senosiain

La Voz VIGO

VIGO

M.MORALEJO

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta de baloncesto feminino visita hoxe (17.45 horas) ao Lima-Horta en Barcelona coa baixa de Adrienne Motley -que estará fóra dúas semanas por unha contusión- e a dúbida de Anne Senosiain, que sofre unha escordadura de nocello.

As de Cristina Cantero queren prolongar a súa serie de 18 vitorias noutros tantos partidos ante un conxunto catalán que é sétimo con dez triunfos e oito derrotas. O equipo rival atópase nun dos seus mellores momentos da tempada tras enlazar catro vitorias consecutivas e quere esgotar as súas opcións de achegarse arriba. Trátase dun bloque sólido dirixido por Sergio Manzano e formado por xogadoras nacionais que teñen como referencia principal de Eliana Soriano.