O Amfiv non renuncia á sorpresa na Copa

La Voz VIGO

VIGO

Amfiv

Mídese hoxe ao Bilbao en busca do pase a semifinais

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Amfiv tratará de dar a badalada hoxe (12.00) en Copa do Rey superando ao colíder da División de Honra e vixente subcampión ligueiro, o Bilbao. Hai apenas dúas semanas que o conxunto vigués rozou a xesta ao caer na prórroga ante os vascos (73-77) aínda que naquel compromiso ligueiro os de César Iglesias contaban co apoio do seu público no Pavillón Pablo Beiro. Agora, ademais, os pupilos de Esteban Núñez están sobre aviso e saben que para acceder ás semifinais e manterse na loita polo primeiro título oficial da campaña primeiro terán que superar a un rival que non o porá nada doado. O que pase disputará a final ante o vencedor do Amivel-Gran Canaria.