A UGT alerta da compra do Banco Simeón pola Caixa Geral portuguesa

La Voz

VIGO

a

Ocorreu en 1995

18 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

UGT situábase, a mediados de febreiro de 1995, en contra da venda do Banco Simeón á Caixa Geral de Depósitos lusa. Dita central dicía que a venda dun banco galego a capital estranxeiro era «inadmisible», «inexplicable» e entrañaba o risco da perda de control para o conxunto da economía galega.

UGT acusaba aos responsables da venda do Simeón de ter mantido «un silencio vergonzante» e á Xunta de ter demostrado un grave «descoido», «desinterese» e, así mesmo, «un silencio inexplicable» na operación.

A operación realizouse un mes de despois. Argentaria aceptaba unha opa a razón de 3.714 pesetas por cada acción.