Fernando Ramos reflexiona sobre a monarquía

La Voz

VIGO

O xornalista e profesor xubilado presenta o libro Liberdade de expresión e danos á Coroa

24 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Torrecedeira, 86 • Entrada gratuíta • O modo en que o exercicio da liberdade de expresión provocou a deterioración da imaxe da Coroa ao tratar abertamente os escándalos persoais e familiares da Casa Real e a reflexión sobre a existencia dun debate sobre república ou monarquía son dos aspectos esenciais do libro Liberdade de expresión e danos á Corona, do que é autor o xornalista e profesor xubilado Fernando Ramos e que será presentado na Escola de Enxeñeiros Industriais, en acto presidido e patrocinado polo titular do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa.

A obra inicia unha serie de monografías da Sociedade de Estudos Institucionais, que dirixe a catedrática de Dereito da UNED Dolores do Mar Sánchez. No libro se desmenuza a actual crise de imaxe da monarquía e retoma o debate aberto sobre o dilema república-monarquía.