O PP avisa a Caballero de consecuencias penais se non comparece na comisión do Marisquiño

O alcalde de Vigo está citado no Parlamento o 19 de febreiro


Deputados do PP advertiron hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, das responsabilidades penais de non atender á súa citación por parte da comisión de investigación do accidente do Marisquiño, fixada para o 19 de febreiro, e avisaron de que pensan chegar «ata as últimas consecuencias».

O deputado popular Alberto Pazos, acompañado das súas homólogas Teresa Egerique e Marian García, instou a Caballero a que faga gala de «un pouco de sentido común» e compareza ante a comisión, para que deste xeito o Parlamento non se vexa abocado a tomar decisións complicadas».

Fixo fincapé en que a comparecencia ante unha comisión de investigación é obrigatoria e en que desatender unha citación, que xa foi remitida desde o Parlamento ao Concello de Vigo, así como ao porto e á Xunta, implicaría un posible delito de desobediencia máis unha inhabilitación de entre seis meses e dous anos.

Pazos detallou que ademais de Caballero están citados os concelleiros de Seguridade, Carlos Font; Urbanismo, María José Caride; Festas, Ana Laura Iglesias ; e Patrimonio, Javier Pardo; así como o secretario municipal.

Tamén deberán comparecer os portavoces locais de PP, Elena Muñoz, e Marea, Rubén Pérez, xa a próxima semana; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen pechará as comparecencias o 5 de marzo, e o presidente do porto de Vigo, Enrique López Veiga (21 de febreiro).

O deputado do PP detallou que López Veiga trasladou verbalmente á comisión de investigación a súa predisposición a colaborar, pero remitiu á consulta para unha eventual autorización que realizou a Portos do Estado.

Pola comisión de investigación do accidente do Marisquiño tamén desfilarán o exalcalde de Vigo Carlos Príncipe, os xefes das áreas de infraestruturas e explotación do porto de Vigo, e técnicos externos.

Alberto Pazos censurou o «boicot» á comisión das diferentes administracións gobernadas polo PSOE, pero considerou especialmente «lamentable e deleznable» o caso do Concello de Vigo, como institución que deu permiso para a celebración do concerto no que se produciu o accidente.

Fixo fincapé en que a corporación viguesa incorreu nun «incumprimento flagrante» do código de bo goberno da FEMP, que preside Abel Caballero.

E para iso, abundou, apoiouse no informe do seu secretario municipal, un «especialista en opacidade» que, recordou, está investigado pola contratación das luces do Nadal de 2016 e foi citado como testemuña na causa aberta por posible ocultación reiterada de información ao PP.

Neste punto, Alberto Pazos advertiu de que recorrerá ao Valedor ou á vía do contencioso administrativo si o PP non recibe do Concello o expediente completo do festival do Marisquiño e invitou á cidadanía a que o solicite por rexistro ao amparo da Lei de transparencia.

O deputado do PP defendeu a «seriedade» da comisión de investigación, que «non é unha reunión de amigos nin unha charla coloquio», e invitou a Caballero a que deixe de «enviar mensaxes

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
4 votos
Comentarios

O PP avisa a Caballero de consecuencias penais se non comparece na comisión do Marisquiño