O sector naval perde unha mente privilexiada e xenerosa

Henrique Fonterigo

VIGO

CEDIDA

José María Armada faleceu o xoves aos 80 anos

18 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

l comezar estas palabras, a primeira idea que vén á cabeza é se estarán á altura da persoa sobre quen se escriben. É probable que haxa outros máis autorizados para resumir os méritos de don José María Armada Álvarez, falecido o pasado xoves 15 de novembro, pero é de xustiza dedicarlle unha pequena homenaxe ao que durante 50 anos estivo en estaleiros Armada e desde o 2011 en Montenegro. Foi unha excepcional persoa coa que tivemos a honra de compartir as últimas décadas como os seus avogados e, xa que logo, desde esta perspectiva vai dirixido este texto.

José María, Picho como lle chamaban os seus amigos, foi sin duda un deses empresarios dos que che sentes orgulloso, dos que presumes, dos que che defenden e promociónanche, que respecta tremendamente o teu traballo e valórao, puntual ata a obsesión, preciso nos seus cálculos nunha mente e memoria privilexiada, cumpridor en todos os sentidos imaxinables e extremadamente leal. Gañouse a admiración xeneralizada desde o respecto que sempre el mantiña cos demais. Nun mundo empresarial tremendamente competitivo e esixente, mantivo sempre posicións xustas. Durísimo negociador como exitoso empresario que foi, non lle impedía ter empatía con quen tiña en fronte e ser xeneroso na resolución dos problemas.

José María significou, en conclusión, o prototipo de cliente que un despacho de avogados desexa, e terémolo sempre no noso recordo, botándoo de menos.