Máis de mil vigueses degustan galletas e rosquillas de cabaza na Festa do Cabazo

E. V. PITA VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

An Alfaya leu o pregón e o alcalde de Vigo, Abel Caballero,  acudiu ao colexio Carballal de Cabral a este evento de repostería artesá

19 novs 2018 . Actualizado ás 13:16 h.

O público non lle dá cabazas aos doces de Cabral. Máis de mil vigueses degustaron ao longo do día as sobremesas elaboradas a partir da cabaza na Festa do Cabazo na carpa instalada no colexio Carballal de Cabral.

M.MORALEJO

Para a xornada de degustación se hornearon galletas, rosquillas, biscoitos, pasteis, tortas e todo tipo de repostería artesanal que fixo as delicias dos asistentes que acudiron á carpa progresivamente pola mañá e a tarde.

M.MORALEJO

O pregón foi lido por An Alfaya. Tamén falou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Os asistentes puideron saborear os produtos típicos da cabaza e ver mostras de artesanía.

M.MORALEJO

A xornada festiva estivo animada por grupos de música tradicional de gaitas como Xestarega , Loureiro Verde, Cans de Palleiro de Bembrive. Pola tarde, está prevista a actuación de Feixoada do Porriño, o orfeón a asociación cultural O Coto de Carballal, a escola de baila O Coto e as gaitas de Miudiño. Con este xa son 31 anos que se celebra a festa.