O Concello de Vigo suspende  a prealerta por seca tras as choivas

La Voz

VIGO

M.Moralejo

A fin de semana poderían caer máis de 33 litros por metro cadrado

08 novs 2018 . Actualizado ás 13:57 h.

O Concello de Vigo suspendeu hoxe a prealerta por seca tras as últimas choivas, que deixaron o encoro de Eiras no 74,7%, segundo recolle Efe. Nos últimos días o volume de auga incrementouse en preto dun 30% e está preto do límite que permite a presa por seguridade. En calquera caso o alcalde, Abel Caballero, asegurou que segue traballando na redacción dun convenio para solucionar o problema de abastecemento de Vigo e a súa área de forma defnitivia. 

As previsións apuntan a que a choiva continuará ata o vindeiro martes. As precipitacións para hoxe roldarán os 19 litros por metro cadrado, unha cifra que case se duplicará na xornada do sábado. O chuvieiro para a fin de semana non será pequeno, con previsións de 33 litros e temperaturas similares ás destes días. 

Os refachos de vento poderán acadar picos de ata 25 quilómetros por hora na xornada de mañá, na que as precipitacións roldarán os 30 litros por metro. 

As tormentas destes días empezaron a deixar as primeiras consecuencias nas rúas de Vigo, con zonas alagadas e rúas de tránsito complicado.