Un incendio obriga a desaloxar un restaurante de Vía Norte

E.V.Pita VIGO

VIGO

CAPOTILLO

Os clientes saíron polo seu propio pé antes de que chegasen os bombeiros

19 oct 2018 . Actualizado ás 09:38 h.

Os bombeiros de Vigo sufocaron un incendio nocturno nun restaurante aberto no número 40 de Vía Norte onte ás 23.40 horas. Os clientes abandonaron o local antes de que chegasen os bombeiros debido á densa nube de fume que se formou.

O lume orixinouse nos cables do salón do restaurante Central Pork e as chamas propagáronse ata o teito. 

Os bombeiros retiraron varios ferros do teito para controlar o sinistro. Os principais danos foron causados pola densa fumareda.

Os comensais e clientes xa estaban fóra do local cando chegaron os bombeiros.