O sector de elaborados do mar irá á folga por un convenio «digno»

La Voz

VIGO

M. MORALEJO

As datas dos paros serán luns mércores e xoves

17 oct 2018 . Actualizado ás 12:34 h.

Luns mércores e xoves. Esas serán as datas nas que os traballadores do sector de elaborados do mar están convocados para ir á folga co obxectivo de pelexar por un convenio «digno» e por lograr melloras nun ámbito moi «precarizado», segundo os sindicatos Comisións, UGT e CIG. 

Ata agora celebráronse sete reunións desde o pasado marzo, segundo recolle EFE, e apenas houbo «pequenos avances», no encontro do 24 de setembro, aínda que «insuficientes» para os traballadores. O sector suma en España a máis de 2.000 traballadores, dos cales case a metade están en Vigo.

Os sindicatos tamén reclaman melloras salariais xa que os contratos de hoxe en día teñen uns soldos «precarios» que non se axustan ás responsabilidades actuais.   Desde CCOO critican que o 80% das contratacións realízanse a través de empresas de traballo temporal (ETT) e «iso é algo que tamén estamos a negociar para que non sigan ocorrendo». Os sindicatos aseguran que se non hai trazas de negociar haberá máis mobilizacións.