Caballero negocia con Rajoy o desbloqueo do AVE directo a Vigo

VIGO

Óscar Vázquez

O rexedor mantivo unha conversación co presidente onte na asemblea do Círculo de Empresarias

22 may 2018 . Actualizado ás 20:02 h.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negociou co presidente do Goberno, Mariano Rajoy para que o Ministerio de Fomento desbloquee o estudo de impacto ambiental do AVE por Cerdedo. O maior problema prodúcese nun tramo de tres quilómetros nos que hai que construír un túnel. Caballero dixo que non ía desvelar o contido da conversación pero agarda ter noticias positivas pronto. De momento o alcalde decidiu aparcar as mobilizacións rueiras por este tema.