A Garda Civil localiza no medio dun regacho a a muller de 73 anos desaparecida

Monica Torres
Mónica Torres GONDOMAR

VIGO

cedida

A señora estaba nun zona de auga de difícil acceso, desorientada e con signos de hipotermia

16 may 2018 . Actualizado ás 17:55 h.

A Garda Civil localizou esta madrugada a unha muller de 73 anos desaparecida do seu domicilio desde a mañá do martes. A denuncia dun familiar alertou ás forzas de seguridade e no dispositivo de procura participaron Policía Local, Garda Civil, Ges e Proteccion Civil Val Miñor.

A muller foi localizada co seu can no medio dun regacho e trasladada ao hospital Povisa con síntomas de hipotermia tras un dispositivo de procura que durou tres horas. Ao parecer, esta veciña do lugar de Vilas, na parroquia de Morgadás, desorientouse tras saír do seu domicilio. Segundo o 112 tamén unha residente do mesmo barrio alertou da desaparición ás once da noite advertindo de que «nalgunha ocasión tiña problemas de orientación».  Á 1.40 da madrugada, e advertido polos ladridos do can que acompañaba a muller, un veciño localiza á vítima e unha patrulla da Garda Civil préstalle os primeiros auxilios.