Vigueses emigrados regresan á súa cidade

manu outeiro VIGO / LA VOZ

VIGO

MANU OTERO

A Xunta impulsa o retorno a Galicia dos emigrantes. No 2016 regresaron a Vigo 646 galegos, o 12,5 % do total

19 abr 2018 . Actualizado ás 14:12 h.

Esteban González abriu en Vigo a primeira tenda de motos eléctrica de Galicia. E fíxoo ao regresar a Vigo, a súa cidade, despois de pasar unha tempada traballando nos Estados Unidos. Casos como o de Esteban son os que tratan de multiplicar desde a Secretaría Xeral de Emigración que teñen como obxectivo o retorno de  20.000 dos 500.000 galegos que residen no estranxeiro en tres anos.

Para conseguilo ofrecen axudas aos emigrantes de ata 10.000 euros para emprender o seu propio negocio na súa terra, ademais de asesoramento e moitas máis axudas, como detallou esta mañá o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. «A Xunta está ao carón dous galegos que queren volver, vos axudamos econócimante e orientámosvos», detallou o secretario, que ve neste proxecto unha vía para recuperar poboación e aproveitar os coñecementos adquiridos polos galegos no estranxeiro para potenciar a economía autonómica.

Actualmente, hai máis de 24.000 vigueses residindo no estranxeiro, pero no ano 2016 xa regresaron 643, un 12,5 % do total de retornados, que ese ano acadou cífraa marca de 5.125 galegos.