Os xubilados volven ás rúas de Vigo en demanda de pensións dignas

VIGO

Xoán Carlos Gil

A concentración reúne a milles de persoas na rúa do Príncipe

17 mares 2018 . Actualizado ás 17:29 h.

Os xubilados de Vigo e a súa contorna volven exhibir o seu músculo movilizador en demanda dunhas pensións dignas. Miles de persoas participaron esta mañá na concentración convocada por Comisións Obreiras e UGT na rúa do Príncipe. Os asistentes deixaron claro que non están dispostos a seguir perdendo poder adquisitivo e que a subida do 0,25 decidida polo Goberno é claramente insuficiente. Están dispostos a saír á rúa as veces que faga falta ata conseguir pensións públicas compasadas coa subida do IPC para non seguir perdendo poder adquisitivo. Lanzaron nada veladas advertencias ao Goberno lembrando que “quen toca as pensións págao nas eleccións” á vez que cualificaron de insulto a carta que lles enviou Fátima Báñez. “Goberne quen goberne as pensións deféndense” foi a consigna màs repetida.