Jazz elaborado na escola superior do Porto

La Voz

VIGO

Será na Casa de Arriba

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 21.30 horas • Martín Códax, 23 • 4 euros entrada xeral e 3 euros para universitarios con carné • O programa musical da Casa de Arriba para esta noite contempla un concerto de Math Trío seguido da habitual jam session.

 A noite máis jazzística da semana en Vigo recibe a visita do trío portugués liderado por Joãou Mortagua, nos saxos, acompañado por Diogo Dinis, no contrabaixo, e Pedro Vasconcelos, na batería. Joãou Mortagua foi elixido como mellor músico de jazz portugués no ano 2017.

Joãou Mortágua concluíu o curso básico de piano e o oitavo grao de saxofón no Conservatorio de Música de Aveiro, onde integrou a Big Band, o Quarteto de Saxofones e a Banda Sinfónica.

Licenciado en jazz pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE-Porto), integrou o septeto premiado na Festa do Jazz do S. Luiz 2007.