Leri envía a Cuíña «2,4 quilogramos» de documentos sobre o zoo de Vigo

La Voz

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Ocorreu en 1988 e pretendía que a Deputación se fixese cargo do zoológico

15 oct 2017 . Actualizado ás 05:30 h.

O deputado Antonio Nieto Figueroa Leri enviou máis de dous quilos de documentación sobre o zoo de Vigo ao presidente da Deputación, José Cuíña Crespo. Explica La Voz do 15 de outubro de 1988 que se trata dun novo intentou de que o organismo provincial asuma parte dos cuantiosos gastos que comporta o mantemento das instalacións. A documentación, cuxo peso exacto é de 2.400 gramos, contén «todos os datos imaxinables» sobre o zoo da Madroa, segundo explicou o propio Leri, segundo deputado vigués que intenta nos últimos anos que a Deputación asuma a custosa factura das instalacións. Propuxo ao pleno da Deputación unha subvención de 50 millóns de pesetas.