Catro vigueses danse cita na Olimpíada de México

La Voz

VIGO

Carlos Pérez, Juan Fernández, Ramón Magariños e Álvarez Salgado competiron nos xogos de 1968

11 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

us nomes están inscritos no monólito dos olímpicos vigueses. Carlos Pérez, Juan Fernández, Ramón Magariños e Javier Álvarez Salgado estiveron en outubro de 1968 en México representando o atletismo e o fútbol español.

Juan Fernández aínda xogaba no seu Ferrol natal. Marcou o gol que lle deu a vitoria a España contra Brasil. Aquel equipo era totalmente amater. Carlos Pérez correu a maratón nunha tarde tan calorosa que lle provocou queimaduras nos pés. Retirouse no quilómetro 33. Ramón Magariños, plusmarquista español de 200, 400 e 4 por 400 tivo problemas coa altura e non pasou da primeira rolda nos 400. Álvarez Salgado foi undécimo nos 3.000 obstáculos.